Paula Cons
É a directora de contidos de Agallas Films, a Produtora Executiva e unha das guionistas do filme “Lobos Sucios”, estreado internacionalmente no Festival estadounidense de Mill Valley (apertura do Festival de Ourense, Festival de Calcuta, Festival de Friburgo e Festivais xudeus de Miami, Washington, Orange County, San Francisco e Los Ángeles) noemado en 14 candidaturas aos premios Mestre Mateo do audiovisual galego, incluída a da propia Paula Cons como guionista.
Está dirixindo o documental histórico e de investigación “A Batalla descoñecida” (TVE, TVG, Agadic e ICAA) do que é tamén a guionista e a creadora e directora do programa de coaching para TVG “Cuestións Persoais”.
Ademáis está desenvolvendo o guión do filme “O santa Isabel”.
Desde o 2009 ata 2013 foi a directora de contidos de Continental Producións onde levou a cabo a produción executiva da tv movie “Eduardo Barreiros, O Henry Ford español” (vendida a 5 canles de FORTA, e gañadora do primeiro premio no World Fest de Houston), e dirixiu e creou os programas “Xente con Xente”, “Na túa pel” e “13 badaladas”.
Foi a ganadora do Concurso Internacional de Guión Camiño do Xacobeo 2004 dotado con 12.000 euros, coa biblia da serie “Ideas peregrinas” que posteriormente converteu en miniserie para a productora CTV.
No campo da ficción tamén foi a productora de marketing e promoción da primeira tempada da serie “O Faro” producida para todas as canles de Forta.
Como xornalista traballou en TVE2 (“Desde Galicia para o mundo”), TVG (“Xente con Xente”, “Na túa Pel”, “13 badaladas”), Tele5 (“Caiga quien Caiga” á fronte da sección Proteste xa) Cuatro ( programa de investigación “1 equipo”) e Antena 3 ( coordinando a redacción no programa “El método Gonzo”)