Agallas Films (pertencente a AGAPI) creouse no ano 2009 en Galicia co obxectivo de sacar adiante produtos audiovisuales con marcado acento galego e a aspiración de traspasar as nosas fronteiras, pegados á realidade, coas mulleres en primeiro plano, e dándolle a oportunidade a novos realizadores.
A nosa primeira longametraxe foi, precisamente, a ópera prima "Agallas" ambientada no mundo do narcotráfico galego e estreada no Festival de Málaga e en múltiples festivales internacionais. De man da distribuidora Sony Pictures superamos os 700.000 euros de taquilla.
En 2014 producimos a nosa segunda longametraxe, tamén ópera prima, baseada en feitos reais e con dúas mulleres protagonistas "Lobos Sucios" www.lobossucios.com (TVE, TVG, TV3, ICAA, AGADIC, Centre du Cinema et de l´audiovisuel da Federation Wallonie Bruxelles). Neste proxecto apostamos pola que creemos é a mellor fórmula para levantar proxectos: a coproducción. Neste caso tanto a nivel nacional (coa catalá Dream Team Concept) como internacional (coa compañía belga Left Field Ventures). O estreo mundial da película foi nun dos cinco festivales máis prestixiosos de EEUU, o Mill Valley Filme Festival.
Tras conseguir 14 nominacións (de 15 posibles) nos premios Mestre Mateo do Audiovisual galego, estréase en toda España.
En ficción televisiva participamos na primeira tempada da exitosa serie diaria "O Faro" producida desde Galicia para todas as canles autonómicas de FORTA.
Actualmente está en emisión na TVG o noso programa presentado por dúas mulleres "Cuestións persoais", o primeiro formato de coaching que emite TVG.
EN PRODUCIÓN
Estamos inmersos na produción do documental "A batalla descoñecida" dirixido por Paula Cons e que trata de sacar á luz un episodio tan apaixonante como descoñecido como é o da batalla do wólfram.
EN DESENVOLVEMENTO
Na liña da productora, o noso seguinte proxecto de longametraxe "O Santa Isabel" está baseado en feitos reais e ten a varias mulleres como protagonistas. Xa conta para o seu desenvolvemento co apoio do AGADIC e será outra coprodución internacional.
Tamén estamos desenvolvendo "Choiva fina" o proxecto de longametraxe de Simón Casal, un Thriller Político de Ciencia Ficción que trata sobre o control da poboación a través das redes sociais e o Big Data.
No terreo documental o noso seguinte proxecto é a coproducción "On the edge of the mind" (O futuro da mente), con Intuitive Productions e Somadrome. Un documental sobre todos os apaixonantes desafíos aos que se enfronta a neurociencia, e que xa foi vendido en Italia (Tandem, e en negociacións con Discovery e a RAI) e conta cun contrato de distribución coa distribuidora británica Espresso tv para todo o mundo.