Hai unha batalla da Segunda Guerra Mundial que se librou en España, país supostamente neutral. Os nazis loitaron nos despachos por exportar para as súas fábricas de armamento un mineral fundamental: o volframio; e os aliados loitaron para que eles non o tivesen.
E onde estaba o epicentro desa batalla? En Galicia
Tal foi a importancia desta batalla na Segunda Guerra Mundial que ata nos xuizos de Nuremberg saiu a relucir o wolfam galego, pero un gran misterio e multitude de interrogantes rodean na actualidade a este apaixonante e importantísimo episodio da historia non só española se non tamén europea e mundial.
Por que se silenciou este episodio histórico tan trascendental?
Por que un país supostamente neutral como España, permitiu aos nazis conseguir no seu territorio o mineral necesario para as súas fábricas de armamento? Quen estivo implicado? Importantes e relevantes persoalidades españolas? E o máis importante, foi positivo ou negativo para España, para Galicia?
Que plans tiñan os nazis respecto a España?
Por que hai multitud de documentos relativos a este tema en arquivos de EEUU, Alemaña ou Suiza, pero practicamente nada en España? Pagaron os nazis o volframio co ouro xudeu?
Neste documental coñeceremos como era a vida nestas minas e trataremos de sacar á luz, por fin, esta guerra económica, librada en España, entre aliados e nazis con todas as súas causas e consecuencias. Un episodio no que se mesturaron a febre do ouro e a corrupción; a espionaxe e a chantaxe política; a ambición e a ignorancia.